lunes, 24 de abril de 2023

OBITUARIO

Hoxe despertámonos cunha gran tristeza ó coñecer o falecemento dun sonense moi coñecido e apreciado: José Ageitos Ventoso ("José do Brasileiro"). Nestes momentos dolorosos queremos enviar  o noso máis sentido pésame, todo o noso cariño e unha aperta moi grande a toda a súa familia e amigos, e moi especialmente á súa esposa Carmen. José procesionou con nós nos primeiros anos de existencia da confraría, e sempre o recordaremos. Mañá martes 25 de abril, ás cinco menos cuarto os seus restos mortais partirán desde o tanatorio ata a igrexa parroquial de San Vicente de Noal, onde terá lugar o funeral e posterior enterro. Descansa en paz, amigo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario