domingo, 8 de marzo de 2026

SANTA MISA NA TVG

Na mañá de hoxe unha pequena representación da nosa confraría estivo presente na Santa Misa televisada pola TVG desde a igrexa de San Fructuoso en Santiago de Compostela e oficiada polo sacerdote Manuel Á. Blanco que na foto sae acompañado pola comitiva encabezada por Juan o noso Irmán Maior, Tamara e Alma (co vestiario que levamos o Domingo de Resurrección), e Manuel, Alexia e Candela co hábito dos portadores do paso infantil.

Se queredes ver o vídeo podedes facelo a través do seguinte enlace: ⤵️